A actriz María Garralón nega a súa morte: "De momento aquí sigo"
30 de agosto de 2019 (22:49 h.)
A actriz de 'Verano azul' e 'Farmacia de Guardia' sae ao paso dunha información de Wikipedia que apuntaba que falecera o día 27 dun infarto
A actriz María Garralón, coñecida polos seus papeis en Verano azul e Farmacia de Guardia, saíu ao paso este venres a través de Facebook dunha información que a daba por falecida. Publicouse na súa entrada da Wikipedia, na que se dicía que morrera o 27 de agosto de 2019 por mor dun infarto nun hospital de Madrid aos 66 anos.
"Pois que non. Que de momento aquí sigo", asegura a actriz en Facebook, xunto a unha foto coa cara que se lle quedou ao coñecer a información publicada na Wikipedia por alguén "con moi pouca graza".