Brutal malleira ás portas dunha discoteca nas Palmas
31 de julio de 2018 (21:01 h.)
As imaxes foron gravadas e difundidas a través das redes sociais
Un mozo de 20 anos recibiu unha brutal malleira ás portas dunha discotela de Las Palmas de Gran Canaria. A vítima, que celebraba o seu aniversario, estivo dous días ingresada no hospital.
"Partíronlle a mandíbula, tiráronlle dous dentes e partíronlle outro, ten unha hemorraxia interna no lóbulo frontal dereito da cabeza e unha fractura no nariz", relatou a irmá do mozo agredido ao diario La Provincia.
Os feitos ocorreron na madrugada do pasado xoves e na agresión participaron cinco persoas, todas elas menores de idade. Un dos presuntos agresores foi detido pola Policía Nacional.
As imaxes foron gravadas por unha testemuña da pelexa e filtráronse a través das redes sociais.