Un can morde na cara a un neno de 4 anos en Valencia
17 de abril de 2018 (22:07 h.)
O animal non figura como potencialmente perigoso
Un neno de catro anos foi hospitalizado en Valencia tras recibir unha dentada do seu can.
O menos estaba a xogar coa súa mascota na súa casa, sen vixilancia dos pais. Ao parecer golpeou ao animal nas costas cunha espada de plástico e o can abalanzouse sobre el e esnaquizoulle a cara dunha dentada.
O pequeno foi operado de urxencia e xa está estable, segundo indican medios locais.
O can, de raza mestiza e similar a un American staffordshire, non figuraba na cartilla como potencialmente perigoso.