"Canta y no llores", Forocoches envía a uns mariachis á sede do PP
29 de abril de 2019 (14:26 h.)
Os usuarios da rede fixeron unha colecta para conseguir contratar á banda
Forocoches non descansa e menos nunha noite electoral. Tras o fracaso do PP de Pablo Casado os usuarios do foro puxéronse ao choio e a través dunha colecta conseguiron o diñeiro necesario para contratar a unha banda de mariachis.
Os músicos foron enviados á sede do PP, na que dedicaron o Canta y no llores ao líder popular.