O Chapo pagou por sexo con nenas, segundo documentos xudiciais que el nega

O Chapo Guzmán. ARQUIVO

A testemuña que lle dixo isto á Fiscalía, o colombiano Alex Cifuentes, exsecretario do Chapo, tivo sexo en tres "ou catro ocasións" con nenas duns 15 anos

Joaquín "O Chapo" Guzmán pagou por ter sexo con nenas en múltiples "ocasións" e as drogó previamente con sustancias "en po", segundo revelan documentos do xuízo feitos públicos polo tribunal nas últimas horas e cuxas alegacións o presunto narcotraficante negou este sábado.

Trátase dalgúns documentos da Fiscalía que estaban selados, que contiñan testemuños non presentados ante o xurado durante o proceso e que o xuíz Brian Cogan, que leva o caso en Nova York, ordenou abrir tras a queixa de varios medios.

O avogado do Chapo, Eduardo Balarezo, comunicou este sábado nun correo que o "Goberno presentou publicamente documentos que conteñen información extremadamente salaz" sobre o seu cliente e considerou "desafortunado" que ese material se revelase "xusto antes de que o xurado empezo as súas deliberacións".

De acordo a unha testemuña, unha intermediaria do Chapo coñecida como "comadre María" enviáballe habitualmente fotografías de nenas para que o narcotraficante ou un dos seus vasallos tivesen sexo con elas nos ranchos da súa propiedade a cambio duns 5.000 dólares.

A testemuña que lle dixo isto á Fiscalía, o colombiano Alex Cifuentes, exsecretario do Chapo, tivo sexo en tres "ou catro ocasións" con nenas duns 15 anos, mentres que "viu ao acusado facer o mesmo en múltiples ocasións" con nenas de tan curta idade como trece anos, recolle o documento.