Deteñen a un menor por unha agresión sexual en Villablino, en León
03 de enero de 2019 (22:18 h.)
O detido ten 16 anos e a vítima 14
A Garda Civil detivo a un menor por unha agresión sexual denunciada por outra menor a pasada Noitevella en Villablino (León), segundo informaron a Efe fontes da Subdelegación do Goberno.
O instituto armado abriu unha investigación para tratar de esclarecer os feitos mentres o menor permanece retido á espera de ser posto a disposición xudicial.
Fontes da investigación precisaron a Efe que o menor detido ten 16 anos, a moza 14 e que ambos son veciños de Villablino.