Detido un home polo asasinato da súa muller en Valladolid
13 de abril de 2020 (11:39 h.)
Presuntamente lanzouna por unha fiestra desde unha altura de tres pisos
Unha muller foi asasinada este luns presuntamente polo seu marido, que se atopa detido, no barrio dos Pajarillos de Valladolid, segundo informaron a Efe fontes da Delegación do Goberno de Castela e León.
A muller foi achada morta na rúa despois de que, supostamente, o seu marido a tirase desde a fiestra da vivenda na que residen, que se atopa nun terceiro piso.