Don Juan Carlos reaparece cunha brecha na cabeza

Nas fotografías do partido apréciase ao rei Juan Carlos cunha brecha na parte frontal da cabeza. WILL OLIVER
O rei emérito fíxose dano nun leve accidente doméstico

O rei Juan Carlos estivo presente este luns na derrota do español Rafael Nadal ante o alemán Alexander Zverev na final do torneo ATP de tenis e tiña unha gran brecha na cabeza, froito dun leve accidente doméstico que non lle impediu viaxar á capital británica. Así o confirmaron fontes da Zarzuela, que indicaron que o contratempo foi de pouca importancia e proba diso é que viaxou a Londres para asistir ao partido desde a bancada.

Nas fotografías do partido apréciase ao rei emérito cun corte na parte frontal de cabeza cuberto por un antiséptico. Don Juan Carlos presenciou a vitoria en dous sets do xermano no pavillón O2 de Londres sentado no banco do xogador balear, xunto ao pai de Rafael Nadal.

O monarca é un gran seguidor do xogador español e estivo presente en varios dos seus triunfos en Roland Garros e na Copa Davis.