Duffy confesa que abandonou a música porque foi "violada, drogada e secuestrada"

A cantante Duffy. INSTAGRAM
A artista, que alcanzou o éxito mundial coa súa canción 'Mercy', explica agora por que desapareceu tras bater récord de vendas

A cantante Duffy decidiu regresar á escena pública logo de anos de silencio. A intérprete galesa abriuse un perfil en Instagram para confesar o motivo polo que abandonou tan repentinamente a música

E é que tras o seu éxito mundial Mercy Duffy publicou un álbum que conseguiu bater récord de vendas e desapareceu. Unha ausencia que agora quixo explicar a todos os seus fans cun post onde confesa a súa realidade máis dura. 

Duffy comeza asegurando que lle custou moito dar este paso pero que sentía que tiña que aclarar o que lle sucedeu: "A verdade é, e crédeme que estou ben e a salvo agora, que fun violada, drogada e mantida cativa durante algúns días. Por suposto que sobrevivín. A recuperación tomou o seu tempo. Non hai unha forma suave de dicilo. Pero podo afirmar que na última década foron miles e miles os días que me comprometín a querer sentir a luz do sol no meu corazón novamente. Agora o sol brilla". 

Ademais, explica o motivo polo que non o confesou antes: "Preguntarédesvos por que non decidín usar a miña voz para expresar a miña dor. Non quería mostrarlle ao mundo a tristeza nos meus ollos. Pregunteime: como podía cantar desde o meu corazón se este estaba roto?". 

Finalmente, Duffy pide respecto para ela e a súa familia: "Non quero ningunha intromisión coa miña familia. Por favor, axudádeme a facer disto unha experiencia positiva".