Un economista lucense, entre os autores aos que supostamente plaxiou Pedro Sánchez

O profesor Xullo Cerviño. UC3M

ABC asegura que incluíu no seu traballo partes dun artigo do lancarés Julio Cerviño, profesor da Carlos III de Madrid

O economista Julio Cerviño, natural do municipio lucense de Láncara, é un dos autores aos que supostamente plaxiaría na súa tese o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, segundo publica este xoves o diario ABC.

En concreto, apunta este xornal, Cerviño e o tamén economista Jaime Rivera, ambos os profesores da Universidade Carlos III de Madrid, asinaron o artigo que Sánchez incluiría no seu cuestionado traballo. E fixérono cinco anos antes de que o hoxe presidente do Executivo defendese a súa tese, en novembro de 2012.