Unha escobiña de váter coa cara de Trump triunfa na rede
O vendedor deste orixinal accesorio de baño viuse desbordado ante a masiva demanda
"Fai que o teu retrete volva ser grande outra vez. ¡Ningún presidente tivo unha escobilla de baño como a miña escobilla de baño! Atráenme automaticamente os inodoros". Con esta atractiva descrición, unha tenda online vende unha escobiña de váter coa cara de Donald Trump.
Tal foi a demanda deste orixinal produto, que o vendedor viuse obrigado a pedir "paciencia" nos envíos, xa que tardan entre seis e oito semanas en chegar ao seu destino. "Teña en conta que se fan a man", xustifícase.
Non é a primeira vez que a cara dun presidente de Estados Unidos aparece nun accesorio de baño. En 2016, un café de Siberia dedicado a Putin fíxose famoso en todo o mundo por utilizar nos seus baños papel hixiénico coa cara impresa de Barack Obama.