España rexistra máis de 23.000 novos contaxios desde o venres
31 de agosto de 2020 (20:31 h.)
"Son cifras que siguen siendo altas, pero que hay que contextualizarlas en un marco de detección de casos, de los cuales son muchos asintomáticos", destaca Simón
O Ministerio de Sanidade notificou 23.000 contaxios de coronavirus desde o pasado venres, o que supoñen uns 7.000 casos diarios, mentres que nos últimos sete días faleceron a consecuencia da enfermidade 141 persoas en toda España.
Así o avanzou en rolda de prensa o director do Centro de Coordinación de Alertas e Urxencias Sanitarias, Fernando Simón, que recoñeceu este luns que, aínda que o número de contaxios é alto, tamén o é o número de probas que se realizan.
Madrid e o País Vasco son as comunidades que teñen unha maior incidencia da enfermidade nestes últimos días, e só Madrid acumula algo máis do 20 por cento de total de casos diagnosticados e pasou do 14 ao 16 por cento das camas hospitalarias ocupadas por pacientes da enfermidade.