A exhumación de Franco será antes do 25 de outubro
Os restos de Francisco Franco serán exhumados do Val dos Caídos antes do 25 de outubro, data tope que se fixou o Goberno para afastala da campaña electoral, mentres que o día exacto será comunicado á familia do ditador con 48 horas de antelación por se desexa estar presente.
Así o avanzou en rolda de prensa no Palacio da Moncloa a vicepresidenta en funcións, Carmen Calvo,
A basílica pecharase ao público xa desde este sábado, segundo informaron fontes do Goberno, para preparar o proceso.
O custo da exhumación e posterior reinhumación no cemiterio do Pardo/Mingorrubio achégase aos 11.000 euros, unha cantidade que as fontes non consideran elevada para a magnitude e a importancia da operación.
Fontes xurídicas explicaron a Efe que se trata da última manobra legal dos netos do ditador para impedir a exhumación con carácter inmediato, aínda que as expectativas non apuntan a iso.