Falecen dúas persoas en Tarragona pola onda de calor 

A onda de calor cobra dúas vítimas máis. RAÚL CARO (EFE)

As altas temperaturas suman xa tres mortes en Catalunya

DDúas persoas morreron en Tarragona como consecuencia da onda de calor, que afecta estes días o territorio, segundo informaron a Europa Press fontes da Conselleria de Salud da Generalitat. 

Coas dúas vítimas, que faleceron tras ingresar no Hospital Joan XXIII de Tarragona, elévanse a tres as vítimas pola onda de calor en Catalunya. 

O pasado venres un home de mediana idade morreu na rúa Berlín de Barcelona por un golpe de calor, e foi trasladado en estado crítico ao Hospital Clínic de Barcelona, onde non se puido facer nada para salvar a súa vida.