A Fiscalía do Supremo investigará o rei Juan Carlos polo Ave á Meca

O Rei Juan Carlos. J.J.GUILLÉN (EFE)
A investigación centrarase en "delimitar ou descartar" a relevancia penal dos feitos ocorridos desde xuño de 2014, cando deixou de ser xefe do Estado

A Fiscalía do Tribunal Supremo acordou asumir a investigación sobre a construción do Ave do deserto, que une as cidades de Medina e A Meca, ao comprobar que unha das persoas involucradas nos feitos sería o rei emérito, Juan Carlos de Borbón, aforado ante o alto tribunal.

A investigación centrarase en "delimitar ou descartar" a relevancia penal dos feitos ocorridos desde xuño de 2014, cando Juan Carlos de Borbón deixou de ser xefe do Estado e, con iso, perdeu a inviolabilidade que lle recoñece a Constitución, segundo informou o ministerio público. 

A fiscal xeral do Estado, Dolores Delgado, designou para dirixir esta investigación ao fiscal de Sala de Delitos Económicos Juan Ignacio Campos, que estará auxiliado por outros tres fiscais do Supremo.