Fracasa o referendo en Macedonia por falta de participación

A oposición ao referendum fixo campaña pola abstención. VALDRIN XHEMAJ (EFE)

A participación non superou o 35 por cento cando tiña que chegar ao 50% máis un

O referendo sobre o cambio de nome da Antiga República Iugoslava de Macedonia (ARYM) fracasou pola escasa participación, e media hora antes do peche dos colexios, tan só acudiran ás urnas en torno ao 34 % dos censados, case vinte puntos por baixo do quórum requirido.

Segundo o artigo 30 da Constitución macedonia, o resultado dunha consulta só é válido se é apoiado polo 50 % mais un dos censados, o que se traduce nuns 903.000 votos.

Os colexios pecharon puntualmente ás 19.00 hora local (17.00 GMT) tras unha xornada electoral que durou doce horas e que, segundo indicou o presidente da Comisión Electoral Estatal, Oliver Derkoski, transcorreu nun ambiente tranquilo sen maiores incidentes.

A pesar de que a consulta só ten carácter consultivo, o feito de non alcanzar a participación mínima para ser considerada válida fai difícil que o Goberno poida lograr o respaldo do Parlamento á reforma constitucional necesaria para cambiar o nome do país.

O líder do principal partido opositor, a alianza conservadora VMRO-DPMNE, Hristijan Mickoski, abstívose de votar por considerar que a pregunta do referendo foi "manipuladora".

PREGUNTA. A pregunta non aludía directamente ao nome final que adoptará esta antiga república iugoslava en caso de superar o proceso de ratificación, é dicir, República de Macedonia do Norte, senón pedía aos cidadáns que dixesen se apoian ou non "a integración na Unión Europea (UE) e a OTAN ao aceptar o acordo entre a República de Macedonia e a República de Grecia".

RELACIONES CON GRECIA. O acordo asinado entre os Gobernos de Skopje e Atenas en xuño pasado pretende pór fin a unha disputa que se prolongou máis dun cuarto de século e levou a Grecia a boicotear a adhesión do país veciño á Unión Europea e a OTAN.

Da súa ratificación exitosa depende, xa que logo, a tan desexada integración en ambos os clubs.En ambos os países o compromiso asinado ha levantado bochas entre os sectores máis nacionalistas.

En ARYM o rexeitamento é a aceptar unha versión edulcorada do nome que figura na Constitución do país, República de Macedonia, a través dun cualificativo xeográfico.

En Grecia os nacionalistas non queren aceptar que o país veciño utilice o termo de 'Macedonia', que ven exclusivo da rexión homónima no norte do país. Os primeiros resultados fiables espéranse ao redor das 21.00 ou 22 hora local (19.00 ou 20.00 GMT).