O Goberno estuda prohibir os móbiles nos centros escolares

Os teléfonos móbiles poden ter os días contados nos patios dos colexios. J. VÁZQUEZ

Desta forma España seguiría os pasos de Francia, quen tamén se atopa loitando contra a adicción dixital dos máis novos

O Goberno estuda a posibilidade de prohibir o uso dos móbiles nos centros educativos, seguindo os pasos da lei aprobada para este curso en Francia, co obxectivo de diminuír a adicción dixital dos estudantes.

Asegurouno a ministra de Educación e Formación Profesional (FP), Isabel Celaá, nunha entrevista con Efe, na que manifestou que, de momento, está a atopar "posturas fortemente enfrontadas" sobre se os móbiles deben entrar nos colexios ou non.

A ministra considera que "é unha cuestión interesante e a estudar porque temos demasiados adolescentes moi adictos á tecnoloxía", e invita a reflexionar "sobre se o tempo escolar debe estar libre desa adicción".

A pesar disto Celaá recoñece que a móbil "axuda nalgúns casos", pero se prohibilo serve para "dismiuir a adicción dixital, merece a pena valoralo".

ACOSO ESCOLAR. Sobre un dos problemas máis graves nos centros educativos do país, o acoso escolar, a ministra afirma que actualmente existe "máis sensibilidade" e proba diso é que se incrementaron o número de denuncias" en casos que antes permanecían ocultos.

Celáa asegura que este é "un tema crucial e dramático que pode amolar a vida a raparigos de pouca idade", e que o labor dos propios centros educativos é fundamental para combater esta secuela. "Teñen que pór todas as antenas para evitar que isto suceda", conclúe.