Gómez Noya casa

A chegada a meta en Hawai de Gómez Noya. BRUCE OMORI (EFE)

O triatleta contrae matrimonio coa súa parella en Nova Zelandia

O triatleta ferrolán Javier Gómez Noya e a tamén triatleta Anneke Jenkins contraeron matrimonio esta fin de semana en Nova Zelandia. A deportista publicou nas súas stories de Instagram unha imaxe do enlace nunha bonita paisaxe neocelandesa.

A parella leva anos xunta e o pasado mes de marzo comprometéronse. Foi tamén Jenkins a que fixo o anuncio nas redes sociais.

A semana anterior á voda, ambos participaron con amigos nunha carreira en Rotorua, en Nova Zelandia.