Ingresado na Uci un neno de dous anos que quedou atrapado na rede dunha piscina de bólas

Piscina de bólas. EP
O suceso ocorreu nunha gardería de Montilla, en Córdoba

Un neno de dous anos está ingresado na Unidade de Coidados Intensivos dun hospital de Córdoba tras quedar atrapado nunha piscina de bólas dunha gardería e perder o coñecemento.

Ocorreu o luns, nunha gardería da localidade cordobesa de Montilla, onde tiveron que practicar exercicios de reanimación cardiopulmonar ao pequeno. Abriuse unha investigación para determinar o ocorrido, e Canal Sur sinala que todo apunta a un accidente. Ao parecer, o neno quedou atrapado polo pescozo nunhas redes da piscina de bólas.

Fontes do Hospital Reina Sofía de Córdoba, onde está ingresado, confirmaron este xoves que o menor continúa este xoves na Uci do centro con prognóstico "reservado".