Instagram cae a nivel mundial durante dúas horas
03 de octubre de 2018 (13:07 h.)
Non permitiu aos seus usuarios que subisen fotografías nin stories durante unhas horas
A rede social Instagram caeu a nivel mundial e non permitiu aos seus usuarios que subisen fotografías nin stories durante unhas horas. "Publicarase en canto sexa posible", era a mensaxe que aparecía cando alguén intentaba subir unha fotografía.
Ao entrar desde un computador, aparecía a mensaxe 5xx Server Error. Os usuarios que conseguían acceder á aplicación só podían ver as publicacións dos seus contactos.
Os problemas producíronse entre as oito e as dez da mañá.