Polo menos 20 mortos nun terremoto na cidade turca de Esmirna
Un terremoto que este venres sacudiu as costas do mar Exeo deixou polo menos 22 muertos, dous deles na islla grega de Samos e os 20 restantes na provincia turca de Esmirna, onde se derrubaron uns vinte edificios.
O número de feridos en Turquía ascende a 786, segundo o último comunicado de AFAD, o servizo de emerxencias turco, emitido pouco despois da medianoite local.
O tremor, de 6,8 graos de magnitude, con epicentro no mar Exeo, produciuse ás 11.51 GMT e fixo derrubarse polo menos unha decena de edificios en varios barrios de Esmirna, a terceira maior cidade de Turquía.
Os labores de rescate, coordinadas por AFAD, están en marcha e ata o momento recuperáronse 12 cadáveres e atendeuse a 419 feridos, segundo este organismo público, pero o traballo continúa en 17 edificios danados.
Segundo a televisión turca NTV, unha das doce vítimas é unha muller que se afogou ao ser alcanzada polo pequeno tsunami que se produciu no municipio de Sigacik na costa turca a consecuencia do terremoto.
O gobernador de Esmirna, Yavuz Selim Kösker, informou nunha comparecencia ante os medios que xa se rescatou a 70 persoas dos edificios derrubados.
Pediu á cidadanía absterse de subirse aos cascallos polo risco de agravar a situación das persoas atrapadas e entorpecer o traballo dos equipos de rescate e aconsellou reducir o tráfico ao mínimo para facilitar o paso de ambulancias.
O terremoto afectou gran parte do Exeo e segundo algúns testemuños sentiuse incluso en cidades tan afastadas como Atenas e Istambul.