Miguel Ángel Muñoz sofre un accidente de tráfico

Miguel Angel Muñoz. ARQUIVO

O accidente tivo lugar despois de que outro vehículo envorcase na vía onde se atopaba aparcado o coche do actor

O actor Miguel Ángel Muñoz sufriu un accidente de tráfico o venres pola noite en Eivissa. Muñoz atopábase xunto a unha acompañante no coche cando ocorreu o suceso. 

O accidente tivo lugar despois de que outro vehículo envorcase na vía onde se atopaba aparcado o coche do actor e chocase contra o mesmo.

Na colisión só houbo que lamentar danos materiais.