Monedero desata as redes sociais cun espido nunha entrevista en 'El Mundo'
11 de agosto de 2019 (20:48 h.)
O fundador de Podemos aparece co torso espido e coa marca dos calzóns que leva á vista
Juan Carlos Monedero mostrouse "a peito aberto" nunha entrevista que concedeu este domingo no diario El Mundo.
Co torso espido e deixando ver a marca dos calzóns que leva, o fundador de Podemos e profesor universitario mostra a súa opinión sobre diferentes aspectos da política española.
Non se libran da súa particular masacre Pedro Iglesias, Manuela Carmena ou Íñigo Errejón.
A peza está callada de perlas. Entre elas, a que responde cando lle preguntan se estaría disposto a ser ministro: "O meu reino non é deste mundo".
Os comentarios nas redes sociais non se fixeron esperar.