Morre unha bebé dun ano esquecida polo seu pai dentro dun coche en Madrid 

O home non se acordou de deixar á pequena na gardería e quedou na parte de atrás do vehículo

Unha bebé dun ano morreu este mércores tras pasar horas sen atención na parte de atrás do coche, esquecida polo seu pai cando se foi a traballar, informou a Europa Press unha portavoz da Xefatura Superior da Policía. 

Por circunstancias pendentes de aclarar, o pai do bebé tiña o recado da nai de levala á gardería, pero o home esqueceuse e deixou á pequena na parte detrás do coche, que aparcou no número 32 da rúa Ana de Austria, no madrileño barrio de Sanchinarro, para irse a traballar. 

A nai foi a buscar á pequena, de 21 meses, á escola infantil pero os coidadores advertíronlle que non viñera esa mañá. Entón, tras unha conversación co pai, a proxenitora acudiu ao lugar onde estacionara o coche e descubriu a pequena inconsciente. 

Minutos antes das 16 horas chegou ata o lugar unha ambulancia do Samur-Protección Civil, cuxos sanitarios practicaron ás nena manobras de reanimación cardiopulmonar durante 45 minutos sen éxito. 

O home foi detido pero aínda non puido ser interrogado pola Policía, xa que está afundido emocionalmente, polo que está a recibir axuda psicolóxica.