Dous mortos e 12 feridos ao caer polo tobogán "máis longo do mundo" en China
Entre as vítimas hai seis menores de idade
Polo menos dúas persoas morreron e doce máis resultaron feridas, entre elas seis menores de idade, ao caer por un tobogán nun parque de atraccións da cidade chinesa de Chengdú, no centro do país, informou a axencia oficial de noticias Xinhua. O suceso produciuse a tarde do 1 de maio, festivo en China, cando os turistas caeron polo tobogán promocionado como "o máis longo do mundo" polo propio parque de atraccións.
En total accidentáronse 14 visitantes —oito adultos e seis adolescentes—, e os doce feridos, cuxa gravidade se descoñece, están a recibir tratamento médico nun hospital local. A investigación sobre o accidente continúa, dixo a oficina da comunidade de Taiping, onde se atopa o parque de atraccións, sen precisar máis detalles sobre como se produciu a caída.
O parque de atraccións foi pechado e os responsables da empresa que o opera foron postos baixo tutela policial mentres se cursan as investigacións.