Un neno de 4 anos morre dun disparo nunha cacería en Sevilla

Un cartel de coto de caza. AEP

Os sanitarios intentaron durante dúas horas reanimar o pequeno, sen éxito

Un neno de catro anos morreu ao recibir un disparo este sábado pola mañá durante unha cacería, na finca La lapa, da localidade sevillana de Burguillos, segundo informou o Servizo de Urxencias 112. O suceso rexistrouse ás once e media, cando desde a propia finca se deu aviso ao Servizo de Urxencias.

Cando os efectivos médicos chegaron ao lugar, o menor aínda se atopaba con vida e foi trasladado ao centro de saúde máis próximo, na mesma localidade de Burguillos. Nesas instalacións, os sanitarios intentaron reanimalo durante dúas horas, pero foi imposible.

Efectivos da Garda Civil e da Policía Local de Burguillos tamén interviñeron no traslado do menor.