A JEC rexeita o recurso do PP contra o sorteo de quendas no debate de RTVE

Estudio do debate de RTVE. TWITTER

Os populares sostiñan que a distribución non debería ser por sorteo senón en función da representación parlamentaria

A Junta Electoral Central (JEC) rexeitou este luns o recurso presentado polo PP contra a repartición dos tempos das intervencións dos candidatos á presidencia do Goberno no debate de RTVE, que se celebra esta noite. 

A distribución das intervencións do catro candidatos definiuse con un sorteo, contra o que o PP protestou e que levou á Junta Electoral por entender que a repartición debía facerse en función da representación parlamentaria dos partidos. O PP foi na pasada lexislatura o partido con maior presencia no Congreso.

De acordo co previsto, o debate desta noite en RTVE abrirao o candidato de Ciudadanos, Albert Rivera, e pecharao o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, e estará distribuído en catro bloques temáticos: economía, política social, modelo territorial e pactos postelectorais e rexeneración.

Rivera e Sánchez ocuparán os atrís do centro, co líder do PP, Pablo Casado, no extremo esquerdo, á beira do xefe do Executivo, e o cabeza de lista de Unidas Podemos (UP), Pablo Iglesias, no dereito, xunto ao dirixente de Cs.

De acordo co sorteo, na rolda inicial de intervencións dun minuto, o primeiro en falar vai ser Rivera e, a continuación, farano Iglesias e Sánchez e pecharao Casado.

Por contra, será a cabeza de lista do PSOE o que poña fin ao debate para pedir o voto, despois de que interveñan, por esta orde, os candidatos de PP, UP e Cs, no coñecido como "minuto de ouro". De aceptarse o recurso do PP, a intervención final pecharíaa Casado, xa que representa o partido que conta con maior numero de deputados no Congreso.

O debate que comezará ao dez e cinco da noite estará moderado polo xornalista Xabier Fortes e prevese que dure unha hora e 40 minutos.