Un profesor de Operación Triunfo, acusado de intrusismo profesional
Gotzon Mantuliz foi sinalado polo Colexio de Profesionais da Actividade Física e o Deporte
O profesor de Forma Física e Vida Sa da Academia de Operación Triunfo, Gotzon Mantuliz, foi sinalado polo Colexio de Profesionais da Actividade Física e o Deporte (Colef).
Os profesionais estudan pór unha demanda ao programa de televisión debido a que o instrutor pode non posuír os coñecementos requiridos para impartir a súa materia.
O Colef "está a estudar cos servizos xurídicos o mellor xeito de actuar neste caso, pola suposta falta de preparación profesional do novo profesor de forma física e vida sa de OT 2018 , producido por Gestmusic, que podería levar unha nova demanda".
O colexio asegura no seu escrito que desde o ano 2019 "expirará a moratoria que aínda permite exercer ás persoas que non dispoñan de formación oficial".