Puigdemont múdase a Hamburgo por seguridade

Carles Puigdemont. EFE

O avogado do expresident tamén alega que en Hamburgo estará "máis cerca do tribunal" que debe decidir sobre a súa extradición

O expresidente da Generalitat Carles Puigdemont trasladou a súa residencia de Berlín a Hamburgo por motivos de seguridade, xa que na capital alemá fora "increpado" en varias ocasións e estaba demasiado exposto. 

Explicouno o avogado de Puigdemont, Jaume Alonso-Cuevillas nunha entrevista, na que defendeu "adoptar medidas" como o traslado de residencia para protexer ao expresidente. 

Ademais, sinalou que residindo en Hamburgo poderá estar "máis cerca do tribunal" que debe decidir sobre a súa extradición, o de Schleswig-Holstein. 

"É conveniente que estea cerca do tribunal, pero tamén hai cuestións de seguridade", insistiu Cuevillas, que engadiu que en Berlín é demasiado coñecido e xa sufrira episodios tensos.

Puigdemont instalouse en Berlín en abril á espera de que finalice o proceso de extradición e co obxectivo de regresar a Waterloo (Bélxica) xunto ao resto de dirixentes soberanistas que residen alí.