Repunta a cifra de falecidos con coronavirus: 95 mortos nun día

Persoal dunha Uvi movil durante unha intervención nun posible caso de covid nun domicilio en Madrid. EFE
Tamén aumentan os contaxios, con 416 novos casos desde o martes

España suma xa 27.888 falecidos con coronavirus, despois de que o último informe facilitado polas autoridades sanitarias revelase un lixeiro aumento na cifra de mortes: 95 nas últimas 24 horas. O balance mantense por cuarto día consecutivo por baixo do centenar.

O número de contaxiados repuntou a 416, co que o total de infectados ascende a 232.555. 

Madrid reduciu a case a metade a cifra de defuncións con outras 18, pero subiron os contaxios novos a 102 fronte aos 92 do martes. O global desta comunidade contabiliza 217 casos máis que a véspera porque cada día actualiza a súa serie histórica.

Por detrás está Cataluña, con 63 infeccións, aínda que no seu caso as vítimas mortais elévanse a 40.