Rosas, laranxas, brécol... as eleccións tamén son comestibles
27 de abril de 2019 (23:42 h.)
A Lei Electoral prohibe que se publiquen enquisas cinco días antes das eleccións, pero unha web sabe saltarse a lexislación sen infrinxir a norma
Feita a lei, feita a trampa. A Lei Electoral prohibe que se publique ningún tipo de enquisa electoral nos cinco días anteriores á celebración duns comicios.
Por iso, a páxina web electomania.es ingenia a súa maneira de dar algúns datos e empeza a comentar a venda de produtos como as rosas, as laranxas, as berenxenas, a auga ou o brécol. En anteriores eleccións xa viviramos situacións similares, aínda que entón aforrámonos o brécol.
Segundo a última mensaxe difundida por estes analistas, parece que as berenxenas están á alza, achegándose ás laranxas, mentres que as rosas caen.