Arancha González, á fronte de Asuntos Exteriores e José Luis Escrivá, de Seguridade Social

Pedro Sánchez. EFE
O presidente do Goberno pretende constituír "o mellor equipo económico da democracia española"
 

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, reforzará o equipo económico do seu gabinete coa creación dun Ministerio de Seguridade Social, Inclusión e Migracións, e dará prioridade á diplomacia económica dentro do Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación.

A nova ministra desta carteira será Arancha González Laya, segundo informaron a EFE fontes do Goberno.

González Laya ocupa desde 2013 o cargo de directora executiva do Centro de Comercio Internacional (ITC), a axencia de desenvolvemento conxunta das Nacións Unidas e da Organización Mundial de Comercio, con sede en Suiza.

Pola súa parte, José Luis Escrivá Belmonte, ata agora presidente da Autoridade Independente de Responsabilidade Fiscal (AIReF), será o novo ministro de Seguridad Social, Inclusión e Inmigración.

Nado en Albacete, en 1960, Escrivá é desde 2014 o primeiro presidente da AIReF e, en novembro de 2015, pasou a desempeñar a presidencia da Rede de Institucións Fiscais Independientes da UE. 

LISTA DE MINISTROS E VICEPRESIDENTES CONFIRMADOS

  • Vicepresidenta primera, ministra de Presidencia e Relacións coas Cortes: Carmen Calvo
     
  • Vicepresidente de Dereitos Sociais e Axenda 2030: Pablo Iglesias
     
  • Vicepresidenta para asuntos económicos e transformación dixital: Nadia Calviño.
     
  • Vicepresidenta para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico: Teresa Ribera.
     
  • Portavoz do Goberno e ministra de Hacienda: María Jesús Montero.
     
  • Ministra de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación: Arancha González Laya.
     
  • Ministra de Defensa: Margarita Robles.
     
  • Ministro de Interior: Fernando Grande-Marlaska.
     
  • Ministra de Traballo: Yolanda Díaz.
     
  • Ministro de Seguridade Social, Inclusión e Migracións: José Luis Escrivá.
     
  • Ministro de Consumo: Alberto Garzón.
     
  • Ministro de Transportes, Movilidade e Axenda Urbana: José Luis Ábalos.
     
  • Ministra de Industria, Comercio e Turismo: Reyes Maroto.
     
  • Ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación: Luis Planas.
     
  • Ministra de Educación e Formación Profesional: Isabel Celáa.
     
  • Ministro de Ciencia e Innovación: Pedro Duque.
     
  • Ministro de Universidades: Manuel Castells.
     
  • Ministra de Igualdade: Irene Montero.