Un turista chinés, primeiro morto en Europa por coronavirus

Un empregado do Metro en Beijin, cunha máscara polo coronavirus. ROMAN PILIPEY
É a primeira vítima fóra de Asia

Unha primeira morte dun paciente con coronavirus produciuse en Europa, un turista chinés de 80 anos que estaba hospitalizado en París, anunciou este sábado a ministra francesa de Sanidade, Agnès Buzyn.

O falecido, orixinario da provincia de Hubei -a máis afectada en China-, chegara a Francia o 16 de xaneiro e levaba desde o 25 de xaneiro ingresado no hospital Bichat da capital francesa. Atopábase en estado moi grave, con respiración artificial.

Buzyn, que compareceu ante a prensa, explicou que hai outros seis pacientes coa enfermidade que se atopan hospitalizados en Francia, pero non hai inquietude sobre a súa situación.