Dúas vítimas dun accidente de autocaravana resultaron ser unha asasinada e un suicida
A investigación dun accidente no que faleceron dúas persoas na autovía A-381 apunta a que, en realidade, o caso trátase do suicidio do condutor da autocaravana, que se estrelou á mantenta contra un camión logo de asasinar á súa parella, segundo unha información que recolle o diario Europa Sur.
Ao parecer, a análise forense determinou que a muller, de 32 anos e nacionalidade francesa, sufriu un traumatismo previo ao accidente que lle esnaquizou o cranio. Ao non haber ninguén máis na autocaravana que ela e o condutor, un británico de 28 anos, os investigadores cren que o británico asasinou á súa muller e logo estrelouse contra o camión.
O SUCESO. Dúas persoas morreron o pasado 25 de setembro na estrada A-381 ao seu paso
o municipio gaditano de Los Barrios.
O accidente ocorreu despois de que varias testemuñas alertasen de que unha autocaravana circulaba en sentido contrario á altura do km 73 da A-381.
Minutos despois outras chamadas alertaban de que a autocaravana chocara frontalmente cun camión á altura do quilómetro 75 da autovía e de que había dúas persoas atrapadas no seu interior.