Un xabaril atopa un alixo de cocaína con valor de 200.000 euros e esnaquízao
08 de noviembre de 2019 (16:42 h.)
A Policía acabou detendo a tres persoas implicadas no narcotráfico
O asasinato, inexplicable nun principio, dun cidadán albanés fixo á Policía italiana comezar a investigar a un grupo de persoas que parecían ter vínculos co tráfico de drogas.
Unha das súas actuacións consistiu en interceptar chamadas. Nunha delas os axentes escoitaron as queixas dun home debido á perda dun gran alixo de cocaína. O motivo: un xabaril atopara a droga e esnaquizouna.
O 'produto' achábase nun bosque próximo a Siena, escondido en frascos de cristal, e tiña un valor de 200.000€.
Grazas a este feito a operación puido avanzar ata terminar con tres persoas detidas implicadas no tráfico deste tipo de sustancias.