A xuíza do caso Máster arquiva gran parte da causa pero mantén imputada a Cifuentes
01 de octubre de 2018 (13:23 h.)
Limita a un delito de falsidade documental os cargos contra a expresidenta madrileña
A xuíza do caso Máster, Carmen Rodríguez-Medel, arquivou a causa en relación aos delitos de prevaricación e suborno impropio, pero decidiu continuar investigando á expresidenta madrileña Cristina Cifuentes e a outros catro imputados polo delito de falsidade documental.
A maxistrada tomou esta decisión nun auto tres días despois de que o Tribunal Supremo decidise non investigar ao líder do PP, Pablo Casado, polos delitos de prevaricación e suborno pasivo.