Nace 'O Camiño Creativo', un proxecto para desenvolver negocios no ámbito cultural
Un total de 20 iniciativas participarán este ano na primeira edición deste "camiño para emprendedores creativos" que busca "fomentar o emprendemento no sector cultural", segundo resaltou o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo.
Así as cousas, este verán terá lugar a primeira edición desta iniciativa, apoiada pola Xunta, e que, ademais de pretender buscar novas vías de negocio para os creadores, tamén fixa como obxectivo "promover a difusión de coñecemento, a creatividade e o espírito emprendedor".
Os seleccionados percorrerán durante o mes de xullo o Camiño de Inverno desde Ponferrada (León) ao longo de dez etapas nas que poderán desenvolver a súa idea de negocio coa axuda de titores. Para iso, terán á súa disposición oito tallleres formativos gratuítos para todos os asistentes.