A selección galega cadete feminina de baloncesto, homenaxeada en Sar

O equipo, con mozas de entre catorce e dezaseis anos, representou a Federación Galega no Campionato de España de Seleccións

A Selección galega cadete feminina de baloncesto foi este domingo homenaxeada no multiusos Fontes do Sar antes da cita entre o Rio Natura Monbus Obradoiro e o Dominion Bilbao Basket.

O equipo que representou á Federación Galega de Baloncesto no Campionato de España de Seleccións con mozas de entre catorce e dezaseis anos foi o mellor de entre todos os da Comunidade autónoma.

Finalizou o torneo en cuarta posición e superou así o equipo cadete masculino, os dous infantís e os dous de minibasket que terminaron a súa andaina en Semana Santa en San Fernando, Cádiz.

Antes da cita, o Obradoiro rendeu homenaxe ás integrantes deste equipo, que recibiron un sonoro aplauso do público e foron protagonistas na xornada que o club compostelán denominou como Día do Federado.




Comentarios