Conchita Wurst sorprende cun novo e radical cambio de imaxe
Abandona a súa longa melena e o seu aspecto feminino por un máis masculino
Ese é o estilo elixido para o seu terceiro disco, Wurst, aínda que o cantante non especificou se esta nova identidade será definitiva e abandonará a de Conchita Wurst. Aínda que na súa páxina web recorda que "Conchita é a embaixadora da EuropPride 2019", que se celebrará en Viena o próximo mes de xuño. De momento, Neuwirth subiu varias imaxes á súa Instagram asegurando que lle encanta ser louro.
O artista gañou coa canción Rise like a phoenix a 59 edición de Eurovision, celebrada en Copenhague, e converteuse nun símbolo da loita polos dereitos LGTBI. Pero xa hai dous anos, nunha entrevista ao diario alemán Die Welt, Neuwirth asegurou que quería "matar o personaxe que lle deu a fama e crear un novo.