A galega Sabela Ramil entra na academia de 'Operación Triunfo'

Sabela Ramil, en 'OT'. RTVE

Foi elixida polos profesores para formar parte do elenco de 16 concursantes desta edición

Sabela Ramil xa pode dicir que é concursante oficial de Operación Triunfo. A pontesa entrou este mércores na famosa academia televisiva grazas á salvación dos profesores.

Ramil defendeu na Gala 0 a canción Bachata rosa. A actuación non convenceu do todo ao xurado do programa, que a puxo "en dúbida" para entrar á academia, xunto a outros catros compañeiros.

Finalmente, a moza pontesa —a única representante galega no concurso— foi elixida polos profesores como concursante número 15 desta edición e cruzou, visiblemente emocionada, a famosa pasarela de Operación Triunfo.