Hackean a conta de Pantomima Full e ameazan de morte a Casado e Abascal

Rober Bodegas e Alberto Casado
O pirata publicou ademais mensaxes privadas do dúo integrado por Róber Bodegas e Alberto Casado coa Resistencia ou Amarna Miller

A conta de Twitter de Pantomima Full, o dúo cómimo integrado polo galego Rober Boegas e Alberto Casado, sufriu un 'hackeo'. O pirata usurpou a identidade dos artistas para ameazar de morte e alentar o linchamento dalgúns políticos, como Pablo Casado ou Santiago Abascal.

No time line do perfil puidéronse ler mensaxes varias como "Morte a Pablo Casao" ou "morte a Santiago Abascal", ademais dalgunhas ameazas ás propio Bodegas: "volve subir un vídeo e arruínoche a vida, Rober Bodegas".

Por outra banda, o hacker tamén publicou mensaxes de conversacións privadas mantidos a través desta conta coa actiz porno Amarna Miller, o programa a Resistencia ou a xornalista Belén Kayser.