Judas Priest e Korn encabezan as novas confirmacións do Resurrection Fest

Confirmación de novos grupos para o Resurrection. EP
As entradas poranse á venda o 1 de outubro ás 11,00 horas

Tras a primeira confirmación de System of a Down, o Resurrection Fest Estrella Galicia 2020 volve á carga este luns cunha extensa quenda de confirmacións encabezada por Judas Priest -xira 50 aniversario- e Korn -único festival en España-.

Tamén se apuntan ao festival galego Meshuggah, Heaven shall burn, Madball, Sepultura, Jinjer, Dagoba, Dark Funeral, Beyond the Black, Knocked Loose, Belvedere, Lionheart, Our hollow our home, Amenra, Elder, The Atomic Btichwax, Hamlet, Blowfuse, Onza, Vita Imana, Thirteen Bled Promises e Cannibal Grandpa.

As entradas para o festival, que celebrará o seu 15 aniversario no emprazamento tradicional de Viveiro do 1 ao 4 de xullo, poranse á venda o 1 de outubro ás 11,00 horas.