Manuel Rivas, premio Ostana de escritura en lingua materna
05 de marzo de 2019 (15:09 h.)
Este premio está organizado pola comuna-concello de Ostana, no italiano Val do Po
O escritor galego Manuel Rivas foi distinguido co Premio internacional de escritura en lingua materna de Ostana na súa edición de 2019, informou Edicións Xerais.
Este premio está organizado pola comuna-concello de Ostana, no Val do Po (Italia), e a Asociación Cultural Chambra d'Óc.
Este galardón naceu en 2008 coa intención de valorar aos creadores que escriben as súas obras en linguas de pequenos territorios e minoritarias no mundo.