Mario Vargas Llosa, hospitalizado

O escritor peruano Mario Vargas Llosa. EFE

O escritor sufriu unha caída no seu domicilio

 

O escritor Mario Vargas Llosa foi hospitalizado na clínica Ruber Juan Bravo de Madrid tras sufrir na madrugada deste xoves unha caída no seu domicilio. O Premio Nobel de Literatura non presenta fractura ósea, aínda que si un hematoma na zona do glúteo esquerdo e un leve traumatismo cranioencefálico que aconsella a súa permanencia en observación, segundo confirmou o centro hospitalario a través dun comunicado. 

Mario Vargas Llosa foi sometido, na Clínica Ruber, a unha exploración con estudos de imaxe, radioloxía e TAC ao presentar unha dor intensa na zona do glúteo esquerdo e cadea no momento do seu ingreso hospitalario.  A recomendación do centro médico madrileño é que permaneza hospitalizado para realizar un seguimento e evolución do hematoma, segundo o comunicado asinado polo xefe de servizo de Cirurxía Ortopédica e Traumalogía, Carlos Martí López-Amor, e do xefe de servizo da Unidade de Coidados Intensivos, Mariano Villaseñor Navas. 

Vargas Llosa acababa de regresar dunha viaxe á illa da Palma.