Miriam, de 'OT', participará nun capítulo de 'Vis a Vis'
17 de julio de 2018 (23:20 h.)
A cantante de Pontedeume xa puxo a banda sonora á terceira tempada da serie
A cantante Miram Rodríguez, exconcursante de Operación Triunfo, está de parabén. A veciña de Pontedeume participará nun capítulo da cuarta tempada de Vis a Vis, serie da que recoñeceu ser fan incondicional.
Tras logar pór a banda sonora á terceira tempada co seu single Hay algo en mí, Miriam volve colaborar coa produtora Globomedia e actuará na popular serie de prisións.
As felicitacións non se fixeron esperar tras coñecer a noticia. A súa compañeira na academia televisiva Aitana Ocaña deixoulle unha cariñosa mensaxe nas redes sociais.