Morre aos 61 anos a cantante de Roxette, Marie Fredriksson
A cantante do grupo sueco Roxette, Marie Fredriksson, morreu aos 61 anos, atendendo á información divulgada este martes por medios locais. "Con gran tristeza temos que anunciar que unha das nosas máis grandes artistas faleceu", reza o comunicado publicado polos representantes da cantante, que apunta que Marie Fredriksson morreu na mañá do 9 de decembro por complicacións derivadas "da súa antiga enfermidade". A cantante levaba anos loitando contra un tumor cerebral que lle foi diagnosticado en 2002.
A cantante, nacida o 30 de maio de 1958, debutou en solitario en 1984 e converteuse nunha das artistas máis queridas e exitosas de Suecia. En 1986 fundou con Per Gessle o
Alcanzaron fama internacional co tema The look
Outros grandes éxitos foron temas como Dressed for success, How do you do!, Sleeping in my car, Dangerous, ou Fading like a flower, entre moitos outros. "Se era grande no estudo, o escenario era o seu hábitat natural", sinala o comunicado.
Un grave tumor cerebral diagnosticado en 2002 obrigouna a someterse a un tratamento agresivo e "grazas ao seu espírito loitador", a cantante puido regresar gradualmente a partir de 2009 aos escenarios. A banda sacou varios discos máis e volveu emprender varias xiras, pero en 2016 os médicos recomendáronlle que deixase os escenarios e se centrase na súa saúde.
Fredriksson, casada e con dous fillos, "déixanos un gran legado musical" e "a súa marabillosa voz, forte e á vez delicada", así como as súas "máxicas actuacións".
Per Gessle
O Goberno de Suecia sumouse ás manifestacións de tristeza pola perda. "Descansa en paz, Marie Fredriksson. Incrible cantante, tanto con Roxette como en solitario", publicou na súa conta de Twitter.