A raíña Letizia visita a caseta de Kalandraka na Feira do Libro
31 de mayo de 2019 (20:03 h.)
A monarca interesouse polas obras de autores galegos, como Man de Camelle, de Carmen Hermo
A raíña Letizia inaugurou este venres a Feira do Libro de Madrid cun percorrido por algunhas das súas casetas, entre elas a da editorial pontevedresa Kalandraka.
Durante o paso da Raíña por esta caseta, o director de Kalandraka, Xosé Ballesteros, mostroulle a dona Letizia unha selección da produción máis recente da editorial.
En especial, a monarca interesouse polas obras de autores galegos, como Man de Camelle, de Carmen Hermo