Serrat cancela o seu concerto deste sábado en Vigo
21 de julio de 2018 (21:48 h.)
O artista sofre unha larinxitis aguda
O artista Joan Manuel Serrat cancelou por motivos médicos a actuación prevista para a noite deste sábado no parque de Castrelos de Vigo, segundo informou o Concello.
O cantante e compositor catalán actuou na noite do venres na Coruña. Este sábado acudiu a un centro médico, onde se lle diagnosticou unha larinxitis aguda e disfonía.
O consistorio vigués que encabeza Abel Caballero informou que nos próximos días comunicarase a forma de devolución do prezo das entradas. Ademais, o concello asegura que tratará de acordar unha nova data para que Joan Manuel Serrat actúe en Castrelos.