The Eagles superan a Michael Jackson co disco máis vendido da historia

Compontentes da banda de rock estadounidense The Eagles. EFE

O mítico álbum recuperou a posición privilexiada case unha década despois da morte do 'Rei do Pop', ao alcanzar as 38 millóns de copias vendidas

O álbum Thriller (1982) de Michael Jackson é o máis vendido da historia da música con case 50 millóns de copias despachadas, pero en Estados Unidos acaba de ser superado polo The Greatest Hits 1971-1975 dos Eagles, que pasa a ser así o máis vendido nese país. 

Segundo The Recording Industry Associaton of America (RIAA), o disco dos Eagles foi certificado como 38 veces Platino, o cal significa que sumando as vendas físicas e as dixitais —e o streaming—, alcanza a cifra de 38 millóns en vendas. 

Thriller segue no segundo lugar con 33 veces Platino, mentres que o terceiro posto é outra vez para os Eagles co disco de 1977 Hotel California, 26 veces Platino. A última vez que a RIAA calculou as vendas do The Greatest Hits 1971-1975 dos Eagles foi en 2006, cando o certificou como 29 veces Platino. Pola súa banda, o cálculo máis recente sobre Thriller data de 2017. 

"Estamos agradecidos polas nosas familias, a nosa oficina, o noso equipo, a xente da radio e, máis que nada, polos leais fans que permaneceron connosco nas subidas e as baixadas dos nosos 46 anos de carreira. Foi toda unha viaxe", dixo Don Henley dos Eagles nun comunicado recollido por Billboard. 

O certificado de Platino conseguíase vendendo un millón de discos, pero en 2013 a compañía incorporou os streamings de Youtube, Spotify e outras plataformas dixitais. Deste xeito, 1.500 escoitas dun álbum equivalen a un disco vendido, igual que dez cancións descargadas.