Aprazados a 2021 os Xogos Olímpicos de Tokio

Aprazados os Xogos de Tokio. KIMIMASA MAYAMA
O COI aceptou a proposta do primeiro ministro nipón

O Comité Olímpico Internacional (COI) aceptou aprazar por un ano os próximos Xogos Olímpicos, segundo informou este martes o primeiro ministro xaponés, Shinzo Abe.

En declaracións aos xornalistas, Abe dixo que ese adiamento o expuxo nunha conversación telefónica que mantivo co presidente do COI, Thomas Bach, e que este aceptou a proposta.